CRTVG

Buscar

Un coche bomba deixa 9 mortos en 54 feridos en Bogotá

Publicado o 17/01/2019 20:39

Atentado na capital de Colombia, en Bogotá, onde polo menos nove persos morreron e 54 quedaron feridas.

É o resultado da explosión dun coche bomba na Escola de Cadetes de Policía de Santander, cando estaban celebrando unha cerimonia de ascenso. O coche golpeou os controis de seguridade e estoupou no patio de desfiles. Un dos falecidos é o propio condutor. As autoridades investigan se se trata dun atentado suicida.

Entre as vítimas hai dous estranxeiros, unha ecuatoriana e un panameño. Polo momento, descoñécese a autoría do ataque.

Noticias web

17/01/2019