Un ciclista, ferido moi grave ao ser atropelado en Xinzo
Publicado o 09/02/2020 22:01
A vítima, de 72 anos, é un veciño de Calvos de Randín. Un turismo bateu contra el cando circulaba pola estrada nacional 525. Segundo a Garda Civil, que abriu unha investigación, o condutor do vehículo atopouse co ciclista de fronte.