Un ciclista de Teo pide axuda para localizar o condutor que o atropelou e fuxíu
Iñaki Pena-Manso, subcampion de España de Trialón Media Distancia en 2018, nunca se vira nunha tesitura tal. Onte pola tarde saíu a rodar como tantas veces e cando circulaba pola estrada Nacional 550 dirección Padrón, á altura das Galanas, un condutor fixo unha manobra indebida e atropelouno. Pero lonxe de deterse a auxilialo, deuse á fuga.
Tanto Iñaki como varias testemuñas do accidente identificaron o modelo e a cor do veículo. A Garda Civil de Tráfico séguelle a pista, pero calquera dato pode servir de axuda. Por sorte Iñaki só sufríu contusións leves no brazo e na perna, pero o que lle doe realmente é o comportamento insolidario do condutor. Se alguen pode achegar algun dato debería facelo chamando ao destacamento de Tráfico de Santiago que invetiga o accidente.