CRTVG

Buscar

Un centro de peiteado da Coruña volve ás medidas da fase 1

Publicado o 07/08/2020 15:18

Cartelería á entrada do establecemento que advirte os clientes das esixencias sanitarias. Desinfección de calzado e mans e protección para os accesorios. Aínda así, neste salón de peiteado de Novo Mesoiro viñan advertindo unha certa relaxación da clientela que os levou a dar un paso atrás.

A situación, di a responsable do salón de peiteado, non está para relaxarse. Por iso ás medidas sanitarias obrigadas decidiron engadir novas restricións.

Unhas medidas que os clientes acollen como unha garantía máis para a saúde.

A repunta da clientela tras a reapertura deu paso a unha situación moito máis normalizada xa. Por iso, din que un novo peche obrigado lles causaría uns prexuízos económicos imposibles de superar.

Noticias web

07/08/2020