CRTVG

Buscar

Un cento de persoas celebrarán a cea na Cociña Económica de Santiago

Publicado o 24/12/2019 13:45

Na Cociña Económica de Santiago xa están a traballar no menú da cea de Noiteboa, este ano o prato principal será a pescada, grazas á doazón que fixo unha empresa de Cedeira. Son moitas as empresas e particulares que colaboran a diario con este comedor, doazóns que se reforzan nestes días de festas.

Esta noite serán preto de cen as persoas que se acheguen a celebrar a Noiteboa. Para ter todo a punto, unhas once persoas, entre empregados da cociña económica e voluntarios, traballan arreo. O obxectivo é que todos poidan celebrar as festas en boa compañía.

E despois da cea de hoxe, aínda non toca descansar. Para a comida de Nadal agardan máis de 160 comensais.

Noticias web

24/12/2019