CRTVG

Buscar

Un cento de motoristas perfeccionan a condución para evitar accidentes

Publicado o 02/10/2021 15:03

Preto de 90 motoristas participan estes días en Galicia nun curso de condución segura sufragado pola Xunta. Aprender a frear e mellorar o equilibrio de pesos ou a posición do corpo e das mans son algunhas das estratexias que lles ensinan para evitar ou minimizar accidentes.

O alumnado agradece poder practicar nun ámbito seguro e aprender novos trucos ou mellorar o dominio da moto e da condución, ademais de lograr eliminar vellos vicios. Os cursos están a ter moito éxito. De feito, hai unha lista de agarda de máis de 1.300 persoas.

Entre os retos deste tipo de iniciativas está reducir a idade dos asistentes, que rolda os 45 ou 50 anos. Tamén renovar o parque móbil de motos, cunha antigüidade media de quince anos, xa que moitas non teñen ABS ou control de tracción.

Noticias web

02/10/2021