CRTVG

Buscar

Tato presume de boa saúde aos seus 101 anos tras aparecer nun documental de National Geographic

Publicado o 23/09/2021 15:10

Está acostumado ás cámaras, sérvelle de modelo á súa neta, que regresou da emigración a Galicia e asentouse no rural ourensán xunto ao seu marido atesourando máis dunha ducia de premios internacionais de fotografía. National Geographic contactou con eles.

Fixéronlle as fotos, as gravacións e o éxito foi inmediato, fotografías que relatan a intensa vida dun galego centenario. Emigrou ao Brasil, México, estivo na guerra...

Aí está cunha saúde envexable despois de facer practicamente de todo, foi carpinteiro, barbeiro e aínda hoxe acorda o barallete o idioma de afiadores.

Toda unha vida que souberon recoller con tanta sensibilidade nestas instantáneas que en outubro converterase en exemplos de lonxevidade nun documental do National Geographic. 

O documental estrearase o vindeiro 4 de outubro.



 

Noticias web

23/09/2021