CRTVG

Buscar

Un centenar de veciños de Mazaricos, sen telefonía fixa nin móbil

Publicado o 23/09/2021 14:11

Son un cento de veciños de varias parroquias de Mazaricos, na comarca do Xallas, os que teñen problemas polo mal servizo telefónico. Na aldea de Castrelo din que, a pesar de ter un repetidor, empeorou e que agora están como hai 50 anos. 

José Rey: "Levamos máis de dous meses sen teléfono, non ten cobertura nin o fixo nin o móbil".

Quéixanse de que as empresas non atenden as súas reclamacións e que só se comunican con eles para cobrar. Unha representación dos veciños entrevistouse co alcalde, que se comprometeu a facer xestións para que se mellore un servizo tan necesario.

 

 

Noticias web

23/09/2021