CRTVG

Buscar

Un Celta " liberado" logo dos últimos resultados busca o terceiro triunfo consecutivo na 'calor' de Elxe

Publicado o 02/10/2021 19:45

Santi Mina recibiu a alta médica e Aidoo é a novidade na convocatoria

O Celta marchou cara Elxe á busca da súa terceira vitoria consecutiva na Liga. Foi despois do último adestramento e de confirmar a recuperación de Santi Mina das súas molestias, e coa entrada tamén na convocatoria de Aidoo despois da súa baixa por Covid.

O equipo de Coudet vai atopar mañá ás dúas un ambiente totalmente diferente, con arredor de 28 graos. O técnico reiterou na previa que haberá que adaptarse á temperatura e tamén o rival, como acontece sempre como visitante, e tamén confirmou que se traballa doutro xeito logo de dúas vitorias.

"Cos bos resultados todo flúe mellor e os xogadores están máis liberados. Como local o equipo ten outra responsabilidade, tentaremos adaptarnos ao partido", comentou o Chacho.

 

Noticias web

02/10/2021