CRTVG

Buscar

Un celíaco gasta case 1.000 euros máis ao ano na cesta da compra

Publicado o 19/04/2021 21:39

Son máis de 75 euros ao mes en mercar produtos alternativos que non conteñan glute. Hai familias con máis dun membro alérxico co que iso pode supoñer. Quéixanse de non ter ningún tipo de bonificación nin axuda, como sucede na maioría de países da Unión Europea.

"Dende FACE loitamos para que nos subVencionen os produtos sen glute dalgún xeito, é a nosa dieta, temos que comer".

"Que haxa marcas baratas, ou na declaración da renda, facilitar a vida as persoas, sobre todo se estan enfermas".

"Eu non teño outra forma de comer, a verdade é que non hai apoio de ningún tipo".

Respecto da actual moda ou tendencia a consumir estes produtos por xente que non os necesita, son claros, teñen menos nutrientes, máis graxas e non son recomendables.

"A nos fannos dano estas modas, só se lle pode retirar o glute a un diagnosticado, se non, non, non nos van facer adelgazar".

Neste 2021 produciuse un lixeiro descenso no sobrecusto destes produtos respecto dos ordinarios, pero non se debeu a unha baixa dos prezos daqueles, senón a un aumento da cesta da compra en xeral.

Noticias web

19/04/2021