CRTVG

Buscar

Descartan coronavirus na muller ingresada en Vitoria

Publicado o 04/02/2020 09:36

• Xa son 425 os mortos na China

Hoxe ás catro e media haberá reunión do consello interterritorial de saúde pola crise do coronavirus. Súmabase o ingreso no hospital dunha muller en Vitoria como sospeitosa de padecer coronavirus. Foi unha falsa alarma e esta mañá xa se descartou o seu caso.

O único infectado confimado en España, o turista alemán que está na Gomera, segue asintómatico, e nas Canarias continúa o seguimento ás persoas coas que contactou, incluíndose a toma de novas mostras.

"Incluíndo a todas as persoas que están en seguimento, incluíndo os propios compañeiros do caso que deu positvo", di Domingo Villar, responsable de epidemioloxía do executivo canario.

Asintomáticos tamén, a vintena de españois repatriados de Wuhan que están en corentena no hospital militar Gómez-Ulla, entre eles Salvador Abalo.

"O que quero é que acabe rápido isto, volver á vida normal, que se solucione e volvar ao traballo que é a miña paixón", di Salvador Abalo

Outro galego está en corentena, pero en Vietnam. Forma parte da tripulación dun cruceiro.

O mago Vituco di que agardan que en cinco días se solucione.

Nas últimas horas outro cruceiro foi posto en corentena no Xapón, con 3.500 persoas a bordo, tras detectaren que no seu interior había un contaxiado. Hong Kong rexistrou o seu primeiro falecido infectado polo coronavirus, un home de 39 anos con doenzas previas que sufriu un fallo cardíaco. Arestora, na China, hai case 20.500 casos confirmados e 425 mortos por esta doenza, a maior parte deles, 414, na provincia de Hubei, epicentro da epicemia. O hospital construído en dez días para parar o avance desta enfermidade xa recibiu os primeiros pacientes.

Noticias web

04/02/2020