Un cardeal recoñece a "cegueira" ante os casos de abusos a menores
Os bispos deben render contas ante as familias. É a voz autocrítica do cardeal estadounidense Cupich. As familias non poden comprender como nós, dixo o cardeal Cupich, como bispos e superiores relixiosos nos fomos capaces de ver o alcance e o dano do abuso sexual a menores.
As vítimas, en continua vixilia no Vaticano, tamén lanzan as súas mensaxes. Peter dinos que se hai evidencias de abuso, hai que denuncialo. Estoutro móstrase crítico sobre o resultado do cumio e que, en calquera caso, ten que haber consecuencias para os autores de abusos.
Neste senso, o cardeal Cupich lembrou que hai que rexeitar os encubrimentos. As investigacións, dixo, deben ser transparentes e que a denuncia dun delito non debe verse obstaculizada polo segredo oficial ou normas de confidencialidade.