Un can pitbull ataca brutalmente unha muller que está grave no hospital
Un can de raza pitbull atacou brutalmente unha veciña de Vigo. A vítima estaba agardando polo ascensor no seu edificio cando o animal se lle botou enriba. O can ao parecer escapara dun piso. A señora está hospitalizada en estado grave.
A muller estaba agardando polo ascensor no portal cando de súpeto un can de raza pitbull que vive no segundo andar se lle abalanzou e non deixou de trabala. Ao escoitar os berros os veciños do primeiro foron no seu auxilio, conseguiron quitarllo de enriba e encerralo no ascensor.
Tras a chegada dos equipos de emerxencia Consuelo, de 92 anos e con moi bo estado de saúde, tivo que ser intervida no hospital de tres roturas no queixo e tamén no solo da boca.
A familia non desbota denunciar o propietario do can, xa que non levaba bozo e, ao parecer, non está asegurado. Segundo nos contan xa trabou hai dous meses a neta doutro residente do edificio é trátase dun can que metía bastante medo aos veciños.
O animal, considerado de raza perigosa, ten chip e está a disposición xudicial na Protectora Municipal do concello de Vigo.