CRTVG

Buscar

Un can perigoso ataca unha nena de 23 meses en Murcia

Publicado o 22/06/2021 20:31

A rápida intervención dunha veterinaria puido salvarlle a vida a unha nena de 23 meses que foi atacada en Murcia por un can de raza considerada perigosa. O can abalanzouse por sorpresa sobre a nena sen que a nai puidese facer nada.

Por sorte, estaban diante dunha clínica veterinaria e a cativa levaba cueiro, o que minimizou as consecuencias do ataque. A propietaria do negocio conseguiu liberala e logo foi quen tamén de curarlle as feridas.

Noticias web

22/06/2021