CRTVG

Buscar

Un campamento expulsa unha nena con necesidades especiais tras as queixas dalgunhas familias

Publicado o 03/07/2019 09:18

Un campamento de inglés expulsa unha nena con necesidades especiais despois de recibir, o primeiro dia, as queixas dalgunhas familias . Os pais de Inés denunciaron publicamente a situación e estudan emprender accións legais por discriminación

Inés ten 11 anos e unha discapacidade do 33% da que informaron antes de matriculala. Conta súa nai que Inés apenas estivo un dia no campamento.

O sábado a mediodia, os responsables do campamento comunícanlle que Inés non pode continuar alí por este motivo.

A empresa, a través dun comunicado, recoñece que lles advertiron da discapacidade pero alegan que unha vez iniciadas as actividades decatáronse de que a pequena precisaba dunha atención especial. Ofrecéronlles aos pais unha monitora en exclusiva para facilitar a integración, que eles rexeitaron. Cren que Inés foi discriminada e estudan denunciar a empresa, deixando antes unha mensaxe para as nais das súas compañeiras de cuarto.

 

Noticias web

03/07/2019