CRTVG

Buscar

Un camión que que transportaba materiais eólicos perde a carga tras saír da vía

Publicado o 21/08/2019 19:04
Un camión que que transportaba materiais eólicos perde a carga tras saír da vía

Unha saída de vía dun camión que transportaba materiais eólicos provocou o corte da circulación na N-541, en Cerdedo-Cotobade.

Un camión que transportaba materiais para parques eólicos perdeu parte de su carga ao saírse da vía en Cerdedo-Cotobade, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o vehículo rematou batendo cunha torre de alta tensión, que finalizou no chan.

Debido ao accidente, a circulación viuse interrompida no punto quilométrico 60 da N-541, polo que a Garda Civil de Tráfico habilitou desvíos en sentido a Pontevedra pola PO-534 e cara a Ourense a través da EP-7101.