Un camión envorca, perde parte da súa carga, e provoca retencións na Coruña
Publicado o 17/01/2019 20:33
Na Coruña, un espectacular accidente provocou importantes retencións de tráfico durante boa parte da tarde na saída desde A Grela cara á avenida de Alfonso Molina.
Así quedou o camión que envorcou sobre a medianeira cando intentaba acceder desde o Birloque cara á avenida de San Cristovo. Como consecuencia perdeu parte da carga que foi caer na vía inferior. Ao lugar desprazáronse os bombeiros, Policía Local e urxencias médicas aínda que, afortunadamente, non se produciron danos persoais. A Policía Local mantivo un amplo dispositivo de control do tráfico na zona.