CRTVG

Buscar

Un Breogán de menos a máis quedou ás portas da remontada

Publicado o 23/10/2021 21:12

O Río Breogán viviu o seu primeiro partido a cara ou cruz nesta temporada. E saíu cruz para os galegos diante do Zaragoza. O equipo lucense viuse claramente dominado durante 30 minutos pero a súa reacción no último cuarto foi espectacular. De perder por 16 chegou a colocarse 2 arriba.

Faltaban aínda 4 minutos para o final. Rodrigo San Miguel parecía darlle a vitoria ao Zaragoza pero o Breogán aínda tivo a última opción, dous abaixo, nas mans de Musa. Foi unha xogada polémica. Semella que hai falta clara sobre o aleiro breoganista nesa acción, pero os árbitros non a indicaron. Así, non puido chegar a prórroga e a probable culminación dunha impresionante remontada.

Noticias web

23/10/2021