CRTVG

Buscar

Un 'botellón' masivo en Bilbao deixa un axente ferido e moreas de lixo

Publicado o 19/09/2021 14:24

Efectivos da Policía Municipal de Bilbao tiveron que intervir na madrugada deste domingo no céntrico parque de Dona Casilda para disolver un botellón masivo que se celebraba no lugar. 

Fontes do consistorio confirmaron que recibiran varios avisos da veciñanza que alertaban dunha gran concentración de persoas novas bebendo. Durante o desaloxo produciuse algunha pelexa e un axente sufriu unha lesión no ombreiro. 

Finalmente, a zona quedou despexada cara ás sete da mañá, cando os equipos municipais de limpeza entraron no parque e recolleron a gran cantidade de lixo que quedou do botellón.

 

 

Noticias web

19/09/2021