Un bote volanteiro tradicional ofrece paseos na contorna da Guarda
Publicado o 31/08/2021 14:42
A navegación é un traballo colectivo e para botar ao mar este Piueiro cómpren moitas mans. Mesmo hai unha axudiña extra. A travesía vai bordeando o litoral guardés, desde o peirao ata Punta Bazar. A perspectiva da vila e da costa mesmo é unha sorpresa para algúns veciños.
O bote dedicouse á captura da pescada con redes de volanta neste porto desde o século XVII, pero a comezos do XX caeu en desuso. Logo do éxito das travesías neste verán, a Asociación Piueiro para a recuperación do patrimonio marítimo estuda como desestacionalizar os paseos nesta embarcación tradicional.