Un bombardeo israelí deixa cando menos 20 mortos en Siria
Publicado o 21/11/2019 11:58
Xa son máis de vinte as persoas mortas na capital de Siria tras o bombardeo lanzado polo exército israelí. Polo menos seis son nenos.
Israel asegura que os seus obxectivos eran postos das milicias iranianas que apoian a El Asad e en resposta ao lanzamento de catro proxectís sobre os altos do Golán, territorios baixo control de Israel.