CRTVG

Buscar

Un belén galego con aires mariñeiros

Publicado o 09/12/2020 20:36

Malia que é viguesa, Francisca Carrera considera Sanxenxo o seu segundo fogar, por iso, no seu belén, a praia de Silgar ocupa un lugar especial.

Cada unha das máis de cento sesenta figuriñas foi vestida con agarimo por ela, moitas con traxes típicos. Non hai puntada que se lle resista. Tanto que parte dos seus labores pódese ver nunha recreación do mercado de Portonovo. Outros anos expuxo o belén nun local que lle ceden en Sanxenxo, pero desta vez non será posible.

Francisca conta coa axuda da súa sobriña Leni para partes do traballo, como a creación dalgunhas escenas. Un belén con sabor mariñeiro, onde o berce do neno Xesús é unha cuncha de ameixa.

Noticias web

09/12/2020