CRTVG

Buscar

Un bar da Coruña recolle alimentos para persoas desfavorecidas ata botar o peche esta noite

Publicado o 06/11/2020 14:08

Malia estar atravesando por un dos momentos máis duros da hostelaría, o bar Chaflán da Coruña non esquece que hai quen o está a pasar peor. Por iso, propuxéronse axudar os máis necesitados recollendo alimentos entre a súa clientela.

"Hai xente que o está pasando moito peor ca nós, así que intentamos botar unha man e axudalos", di Rafael Varela, o propietario do bar Chaflán.

E dito e feito. A súa clientela, unha vez máis, está con eles. "Onte xa case enchemos o almacén e hoxe agardamos que a xente siga colaborando", engade Rafael Varela.

E así, desde hai dous días o Chaflán converteuse nun ir e vir de solidarios.

"Hai que axudar porque moita xente quedou sen emprego e sen medios...", di unha clienta.

Aquí seguirán recollendo as doazóns ata esta noite, que botarán o peche. Despois toda esta comida levarana ao Banco de Alimentos para axudar os que quedaron en situación de vulnerabilidade.

Noticias web

06/11/2020