CRTVG

Buscar

Un bailarín transforma a sala da súa vivenda de Lugo nunha aula da English National Ballet School

Publicado o 08/05/2020 14:27

Comeza a soar a música clásica e Samuel inicia o seu traballo diario. Este mozo de Lugo de 19 anos estudaba en Londres nunha das escolas de danza máis prestixiosas do mundo, pero a pandemia obligouno a volver e agora tivo que tranformar o salón da casa nunha particular aula de ballet.

Agora, cun espazo limitado para saltos e piruetas, realiza na sala da casa a súa particular rutina semanal e segue as clases en liña. Os xoves contan cun pianista en directo e os alumnos ensaian ao mesmo tempo dende diferentes partes do mundo.

Esta promesa da danza clásica soubo adaptarse á situación e non perde o sorriso. Ademais, xa sabe que superou a probas finais e pasará ao terceiro curso, e aínda que agora toca volver para o piso de Lugo, pronto volverá á escola de Londres.

Noticias web

08/05/2020