CRTVG

Buscar

Un axente ferido, mentres aumentan as críticas pola brutalidade policial en Colombia

Publicado o 24/05/2021 08:15

Ferido un policía en Colombia, que ardía en lapas tras recibir un artefacto explosivo nunha das protestas que se suceden desde hai semanas no país. Segundo o Goberno de Iván Duque, en varios choques entre manifestantes e policías morreu un axente e outros mil quedaron feridos de distinta consideración. Pola contra, organizacións de dereitos humanos denuncian a brutalidade policial, que levaría causadas directamente 14 vítimas mortais por disparos polas costas e a utilización de foguetes. En total, as protestas nas rúas de varias cidades colombianas deixaron 55 falecidos.

Noticias web

24/05/2021