CRTVG

Buscar

Un atropelo múltiple en Madrid deixa un morto, dous feridos graves e cinco leves

Publicado o 29/08/2020 11:16

Os feitos sucederon na rúa Bravo Murillo de Madrid cando un taxi fóra de control invadiu a terraza dun bar na que estaban varias persoas. O condutor do taxi perdeu o control do vehículo arrancou oito metros do valado da beirarrúa e entrou na terraza.

Atropelou oito persoas, unha delas, unha muller de 44 anos, faleceu no acto. Outra muller que estaba canda ela ingresou grave no hospital La Paz con traumatismo cranioencefálico. Un home cun traumatismo torácico foi trasladado tamén grave ao Clínico. Outras catro persoas precisaron atención en hospitais por contusións e feridas.

Entre os feridos está o taxista, un home de 68 anos, con contusións no tórax e no abdome causadas polo airbag e o cinto. Levaba un pasaxeiro, que é un dos fetidos leves.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do SAMUR, dos bombeiros, que retiraron o vehículo encaixado no valado, e da Policía Municipal, que investigan as causas do accidente.

Noticias web

29/08/2020