Un ataque informático paraliza a produción nunha fábrica de Meis
Publicado o 06/05/2021 13:11

Un ataque informático ten alterada a produción nunha fábrica situada en Meis que se dedica á produción de envases metálicos.
O ciberataque afectou os sistemas de produción que a firma Trivium Packaging ten en distintas partes do planeta, entre elas esta na provincia de Pontevedra.
Segundo datos de hai dous anos, aquí traballan preto de duascentas persoas, que poderían acollerse a un expediente de regulación de emprego polo tempo que dure a incidencia.