CRTVG

Buscar

Un astronauta no belén do Vaticano

Publicado o 16/12/2020 20:27

O belén do Vaticano deste ano non é para todos os gustos. Coma cada ano, a composición vén dunha rexión italiana, neste caso de Téramo, famosa polas súas cerámicas que non permiten facer figuras humanas con facilidade.

Ademais, o conxunto que este ano o Vaticano elixiu para adornar a praza de San Pedro, fíxoo un grupo de alumnos dunha escola de arte hai máis de 40 anos, entre os 60 e 70. De aí que elixisen poñer un astronauta porque eran os anos da chegada do home a Lúa. Os responsables da estrutura sinalan que en ningún momento querían ofender a ninguén, pero que esta é a arte típica da súa rexión.

É tradición que o papa visite o belén da praza o 31 de decembro. Unha ocasión en que pode estar entre a xente. Porén, a causa da emerxencia sanitaria, polo momento, a axenda do pontífice non contempla esa visita.

 

 

 

Noticias web

16/12/2020