Un arrastreiro galego axuda no rescate dun barco portugués en Mauritania
Publicado o 11/10/2021 14:17
O Santo do Mar ten oito galegos entre a tripulación. Anda á pescada en augas de Mauritania. O arrastreiro pescaba o sábado de madrugada cando recibiu a petición de axuda da patrulleira mauritana. Un barco portugués, o Monte Branco, con máis dunha ducia de mariñeiros a bordo, afundía moi preto de onde estaba a embarcación de Marín. A unhas corenta millas da costa de Mauritania.
Os galegos usaron os chalecos salvavidas do seu barco para auxiliar aos mariñeiros. Pero non estaban todos, no barco afundido traballaban varios mauritanos, portugueses, burkinenses e mariñeiros de Ghana. Todo sucedeu moi rápido, foi o que lle contaron os mariñeiros desde Mauritania ao armador do arrastreiro.