CRTVG

Buscar

Un apagamento deixa sen luz a Caracas e boa parte de Venezuela

Publicado o 08/03/2019 15:50

Un novo apagamento masivo deixa ás escuras Venezuela. O fallo na subministración eléctrica, que as autoridades atribúen a unha sabotaxe, afecta 22 dos 23 estados venezolanos, incluída a capital, Caracas.

O apagamento deixou sen servizo de metro a Caracas en plena hora punta e os hospitais venezolanos dependendo do combustible que teñan os xeradores de urxencia. Os autobuses circulan ateigados, pero moitos pasaxeiros quedan en terra. "O colapso dos servizos públicos, máis nada. Non serve absolutamente nada dos servizos públicos neste país." "Si é recorrente, hai fallos na electricidade, hai fallo na auga, no gas, na gasolina. En todo, aquí neste país realmente."

Miles de caraqueños tiveron que facer a pé o camiño de regreso á casa na máis completa escuridade. 22 dos 23 estados do país víronse afectados polo apagamento eléctrico que a compañía subministradora atribúe a unha sabotaxe na presa de Guri, a máis importante de Venezuela.
O corte afecta tamén ao servizo telefónico e ao aeroporto internacional de Maiquetía, o principal do país.

 

Noticias web

08/03/2019