CRTVG

Buscar

Un ano despois, na residencia da Esperanza en Ourense os maiores recuperan actividades como o baile

Publicado o 28/04/2021 14:48

Das imaxes cos militares desinfectando en Ourense a residencia de maiores Nosa Señora da Esperanza pasou xusto un ano. Foi en abril o peor momento, con 125 contaxiados, e así están hoxe bailando no exterior. Pero din que non esquecerán nunca este ano de pandemia e todo o que viviron.

De 160 internos faleceron 25, moitos pasaron a covid asíntomáticos, pero illados. Agora, xa vacinados e libres de coronavirus desde maio, recuperan as súas actividades como o baile, non poden facelo amarrados, pero é toda unha marabilla velos gozar da música.

E así, bailando, estes maiores dannos todo un exemplo de afouteza como o que manda Estrella, de 88 anos. A súa bravura non lles deixou nunca perder a esperanza, poden contalo e agora seguen danzando no baile da vida.