46 mortos e 2.211 diagnosticados con coronavirus en Galicia
• 67 pacientes xa foron dados de alta, 98 están na UCI e 556 en unidades de hospitalización
• Ata o día de hoxe, realizáronse na nosa 10.520 probas da enfermidade
Tres persoas morreron por coronavirus nas últimas horas en Galicia, elevando o número de falecidos a 46. O último, un home de 84 anos que estaba ingresado no CHUS e tiña patoloxías previas. Outro home faleceu no hospital de Montecelo, en Pontevedra. Trátase dun varón de 90 anos que estaba ingresado neste hospital de Montecelo e dera positivo por coronavirus. Segundo confirman fontes sanitarias o ancián tiña varias patoloxías previas. A última vítima portal por coronavirus rexistrouse en Ferrol. É un home de 74 anos ingresado no Complexo hospitalario universitario de Ferrol e que tamén tiña patoloxías previas.
Galicia rexistrou desde o pasado 14 de marzo 46 falecementos de pacientes con coronavirus e 2.211 diagnósticos desta nova enfermidade. O último falecemento corresponde a un home de 74 anos que estaba ingresado no CHUF de Ferrol e que, segundo informa o Sergas, tiña patoloxías previas. Esta mesma mañá falecía outro ancián de 90 anos ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra.
Na última actualización dos datos que manexa a Consellería de Sanidade, reflíctese tamén que o número de pacientes dados de alta ascende a 67.
Dos pacientes diagnosticados, 98 permanecen en UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1.557 no domicilio.
En canto á distribución por áreas sanitarias, 552 son da área da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense, 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 388 da de Santiago, e 60 da de Ferrol.
O número de probbas PCR realizadas é de 10.520.