CRTVG

Buscar

Un amplo programa recupera a memoria de Pardo Bazán no seu centenario

Publicado o 20/04/2021 15:57

Unha ampla programación recuperará a memoria da escritora Emilia Pardo Bazán cando fai cen anos da súa morte.

Haberá catro exposicións, dous congresos e unha trintena de actividades de formación e divulgación da súa figura.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asegura que recuperar a memoria desta intelectual é recuperar a memoria de Galicia.

Noticias web

20/04/2021