Un mozo de 14 anos mata a tiros os cinco membros da súa familia en Alabama

Un adolescente de 14 anos matou a tiros os cinco membros da súa familia en Alabama, nos Estados Unidos. Tres deles morreron na escena do crime e dous máis foron trasladados ao hospital, onde faleceron pouco despois. Os falecidos son o pai, a madrasta e tres irmáns do presunto asasino.
Descoñécese, polo momento, o móbil do masacre. As autoridades policiais locais están a buscar a arma homicida, unha pistola de calibre nove milímetros, que o adolescente dixo que tirara nos arredores. O presunto homicida xa confesou o crime, segundo informou por redes sociais o shériff da localidade de Limestone.
Os feitos sucederon esta noite pasada na localidade de Elkmont. Foi o propio mozo o que chamou a policía, afirmando que oíra tiros nos cuartos de arriba na vivenda cando el se atopaba na planta baixa. Ao chegar, os axentes atoparon mortos un adulto e dous nenos, mentres que outro adulto e outro menor estaban gravemente feridos e foron trasladados en helicóptero a senllos hospitais, onde faleceron. Tras estas mortes, o adolescente confesou o crime.