CRTVG

Buscar

Un acordo reduce a catro anos de prisión a condena a unha muller que acoitelou un home en Ribeira

Publicado o 03/10/2019 14:31

Un intento de homicidio quedou resolto esta mañá na Audiencia Provincial en Santiago. Acontecera nun bar de Ribeira, cando unha muller acoitelara un home ao que acusaba de roubarlle o móbil, e ferira a parella deste, que tentaba defendelo.

A Fiscalía pedía catorce anos e medio de cadea para ela, pero as partes chegaron a un acordo polo que se rebaixa a condena a catro anos sempre e cando pague 8.000 euros de indemnización ás vítimas. Se non o fai, serían cinco anos de cárcere. A muller xa estaba en prisión provisional por estes feitos.

Noticias web

03/10/2019