Un accidente na autovía Noia-Santiago á altura de Bertamiráns provoca longas retencións
Publicado o 12/09/2019 09:00

O accidente produciuse no quilómetro 5 da AG-56, entre Noia e Santiago, pouco antes das nove da mañá e están implicados dous vehículos. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia.
A vía está moi transitada a estas horas tanto por vehículos particulares que se dirixen a Santiago como camións en ambos sentidos.