CRTVG

Buscar

Un accidente na AP-9 ocasiona retencións nos accesos a Vigo

Publicado o 09/02/2021 09:06
Un accidente na AP-9 ocasiona retencións nos accesos a Vigo

Un accidente que se produciu ás sete e media desta mañá na AP-9, á altura de Cabral, está xerando retencións na autoestrada.

Ao parecer, un vehículo saíu da vía. Segundo as primeiras informacións, o condutor non tería feridas de gravidade. Os servizos de emerxencias deron aviso aos Bombeiros, e unha ambulancia tamén se desprazou ata o lugar.

As cámaras da DXT rexistran a importante retención de vehículos que ocasionou o accidente, en plena hora punta.