CRTVG

Buscar

Un accidente múltiple na A-6 en Guitiriz deixa unha persoa ferida

Publicado o 21/02/2020 11:43

Unha persoa quedou ferida nun accidente múltiple na A-6, á altura de Guitiriz. Ata cinco coches estiveron implicados no sinistro. O maior impacto foi entre un camión cisterna e duas furgonetas, unha delas transportaba medicación radioactiva, pero a carga non se viu afectada polo choque.

O accidente obrigou a cortar durante gran parte da mañá a circulación nun dos carrís en dirección a Madrid.

Noticias web

21/02/2020