CRTVG

Buscar

Accidente de tráfico en Vilagarcía; no coche, drogas e pistolas eléctricas

Publicado o 05/03/2021 14:09

Aínda queda a pegada do accidente que tiveron dous mozos vilagarciáns que saíron feridos leves tras tomar recta esta glorieta no alto do Pousadoiro debido á velocidade excesiva á que baixaban este mércores preto das dez da noite.

Jacobo Campos, técnico do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía que participou nos traballos de auxilio, di que "o vehículo bate cunha pedra de tamaño importante que hai na glorieta. Isto ocasiona a rotura do cárter do turismo e o posterio derramo do aceite".

O regueiro de aceite foi longo e o coche foi parar nun camiño de servizo ducias de metros máis abaixo. Na súa traxectoria bateu tamén contra dúas árbores e derrubou un sinal de tráfico. Pero o máis grave para os dous mozos, que ían baixo os efectos de drogas que non era alcol, estaba por chegar. Descubríronlle no coche marihuana e varias pistolas eléctricas.

O episodio completouse ao cabo dunhas horas; cando a policía recibiu a denuncia doutro veciño de Vilagarcía. Fora vítima dun asalto na súa casa e dunha malleira pola que precisou asistencia hospitalaria. A descrición dos presuntos autores coincidía coa dos dous homes do accidente do Pousadoiro. Estes, duns trinta anos de idade, foron detidos. Esta mañá estaban á espera para pasar a disposicion xudicial.

Noticias web

05/03/2021