Un accidente de autobús en Tenerife deixa 3 feridos leves
Publicado o 13/06/2019 11:49
Onte pola tarde un autobús caeu polo desnivel dunha autoestrada en Tenerife tras perder os freos.
No vehículo viaxaban 16 nenos e 9 adultos, entre os que se atopaban escolares. Por fortuna, o accidente non deixou feridos graves.
Tras o susto inicial, as testemuñas destacaron o bo facer do condutor, que reaccionou a tempo cando se decatou de que o autobús perdera os freos e se precipitaba polo desnivel.