Un 89% dos socialistas navarros avala nunha consulta o goberno de coalición
Publicado o 28/07/2019 20:15
A líder dos siocialistas navarros, María Chivite, conseguiu un amplo apoio da militancia do seu partido para converterse na próxima presidenta da comunidade foral.
O 89% dos socialistas navarros aprobaron o acordo de Chivite con Gerroa Bai, Podemos e Izquierda-Ezkerra para a formación de goberno. Bildu comunicaba este domingo que o futuro executivo "contará coas abstencións necesarias" dos abertzales.
Esta consulta era vinculante e María Chivite agradecía a última hora da tarde "a participación e o apoio da militancia socialista".