CRTVG

Buscar

Ultimos pasos parlamentarios da reforma da Lei de Tráfico

Publicado o 09/09/2021 10:57

O Congreso dos Deputados inicia este xoves a súa actividade coa relatoría sobre o Proxecto de Lei de Tráfico. Fai fincapé na baremación de puntos por infraccións, tamén no xeito de recuperalos e tamén no concepto de medioambiental ligado ao uso do vehículo. A reforma suscita dúbidas. Antonio Lucas, o director de seguridade viaria do RACE, di que hai que adecuar a lexislación aos novos tempos e necesidades. Esta nova norma retirará máis puntos á xente que faga uso do teléfono móbil mentres conduce. A norma trata outras cuestións medioambientais, como ter que apagar o coche mentres se está parado. 

O RACE presentou varias alegacións, e unha das que máis lle preocupa é a retirada dos 20 quilómetros por hora que se permite aumentar cando se adianta por unha estrada convencional. Antonio Lucas manifesta que isto permite facer a manobra dun xeito máis rápido e que se evita estar moito tempo no carril contrario. Esta nova lei incrementa a perda de puntos e incide na formación. O RACE cuestiona a interpretación que poida dar a moitos artigos.

Noticias web

09/09/2021