CRTVG

Buscar

Preto de 600 mortos e máis de 13.700 contaxiados por coronavirus en España

Publicado o 18/03/2020 12:43

Un total de 598 persoas faleceron xa en España a causa do coronavirus, que afecta, segundo os datos facilitados hoxe, 13.716 persoas. Fernando Simón explicou que se rexistraron 2.538 novos casos nas últimas 24 horas, co que xa se contabilizan un 18 por cento máis que no día de onte. En só 24 horas rexistráronse máis de cen novos falecementos.

Das persoas enfermas polo COVID-19, 5.717 permanecen hospitalizadas e 774 delas están na UCI. Ademais, 1.081 persoas están curadas.

A Comunidade de Madrid segue a ser a máis afectada, e despois sitúanse "tres comunidades asociadas a un evento común, que son o País Vasco, A Rioxa e Navarra".

En Galicia, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Sanidade, hai 341 contaxiados, 12 están na UCI, hai catro mortos (o último aínda sen contabilizar) e sete persoas recuperadas da enfermidade.

"É importante aguantar"

Simón destaca que "é importante aguantar, é importante que os maiores sigan concienciados de que teñen que protexerse, e os demais de que temos que axudalos a protexerse", porque aínda que asegura que "as cousas van ben", é normal comezar a cansarse das condicións de vida "tan estritas que estamos levando".