CRTVG

Buscar

Os demócratas lanzan un ultimato para destituír a Donald Trump

Publicado o 11/01/2021 08:59

A presidenta da Cámara de Representantes dos Estados Unidos, a demócrata Nancy Pelosi, anunciou que buscará aprobar hoxe unha resolución no Congreso para instar o vicepresidente Mike Pence a invocar a emenda 25 da Consititución para destituír o presidente Donald Trump.

Pelosi engadiu que se iso non prospera, iniciará o proceso lexislativo para abrir un xuízo político ao aínda presidente estadounidense este martes. Pelosi dixo que é hora de protexer a Constitución e a democracia dos Estados Unidos e é preciso actuar con urxencia, porque Donald Trump representa unha ameaza inmiente para ambas as dúas.

A líder demócrata afirma que a medida que pasan os días o horror do asalto en marcha á democracia perpetrado por este Presidente intensifícase e por iso a necesidade inmediata de acción.

Noticias web

11/01/2021