CRTVG

Buscar

Ultiman un novo intento de desencallar o Ever Given e desbloquear Suez

Publicado o 28/03/2021 23:13

De momento, todos os intentos para reflotar o portacolectores Ever Given, encallado no canal de Suez, resultaron frustrados.

A autoridade xestora da vía marítima informou este domingo que os equipos de salvamento conseguiran liberar o temón e as hélices, despois de que o sábado lograran mover a proa da nave uns 17 metros.

Catorce remolcadores traballan desde o martes para liberar a nave, duns 400 metros de eslora e que trasporta 18.300 colectores.

Mentres, máis de 300 embarcacións agardan cola á espera do desbloqueo do canal, o que está orixinando unhas perdas multimillonarias no comercio mundial.








 

Noticias web

28/03/2021