Tusk, disposto a adiar un ano o 'brexit'
Movemento inesperado desde Bruxelas. Ábrese abre a porta, por vez primeira, a adiar a saída dos británicos da Unión Europea polo menos un ano. Dentro dunhas horas, a Cámara dos Comúns en Londres votará se pedir ou non unha pórroga aos socios europeos. Desde a capital comunitaria anticípanse á posible petición, aínda que non todos os socios europeos estarían de acordo.
O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, pídelles aos líderes comunitarios que pensen na opción de darlles máis tempo aos británicos. Máis dun ano, se fixese falta. Pero esa prórroga non sería para seguir negociando, estaría condicionada a que en Londres reformularan todo o do brexit. Posibles novas eleccións, mesmo outro referendo. É da opinión Donald Tusk de que dando unha patada cara adiante ao asunto ábrense tantos escenarios que a cousa mesmo podería acabar na retirada desa petición de saída. De momento, esta tarde os parlamentarios británicos decidirán se piden ese adiamento ou non.