CRTVG

Buscar

Os viaxeiros coa pauta completa comezan a chegar a España sen restricións

Publicado o 07/06/2021 16:00

Expectación esta mañá nos aeroportos, que recuperan estampas prepandemia, con máis movemento. Ábrense as fronteiras para os turistas internacionais, sen restricións sempre que completasen a pauta de vacinación. Os que non estean vacinados terán que presentar PCR negativa ou un test de antíxenos, que tamén se admite dende hoxe. Están exentos os menores de 6 anos.

Para os europeos, toda esa información de vacinas, probas negativas ou se alguén pasou a covid estará recollida no certificado verde vixital que hoxe comeza a probarse en España. Non é obrigatorio, pero axiliza as viaxes. E vano distribuír as comunidades para que estea plenamente operativo o 1 de xullo.

E volven tamén os grandes cruceiros internacionais, que levaban prohibidos máis dun ano. Por mar e aire reactívase a chegada de turistas de todo o mundo, con tres excepcións: A India, Suráfrica e O Brasil. E outro pero son os británicos. Aquí son benvidos, pero teñen que pasar controis e corentena á volta, polo que moitos non virán. O Goberno calcula que este verán chegarán a España uns 15 millóns de turistas, un 40 % dos que viñan antes da pandemia.

 

 

Noticias web

07/06/2021