Aviso laranxa no sur de Pontevedra por temperaturas de ata 37 grados
Unha xornada máis toca abrir parasoles e mitigar a calor buscando o fresco. As praias, coma esta de Silgar, reciben a xente en plena forma. Con temperaturas en alza e con bañistas que incluso nos areais buscan a sombra.
Vai calor e os turistas que visitan este concello de Sanxenxo, que en verán triplica a súa poboación, desfrutano como poden.
Seguimos unha xornada máis en aviso amarelo nas Rías Baixas, no Val do Miño en Ourense e tamén no sur de Lugo. Os termómetros non baixarán dos 36 graos e as noites en Vigo pasaranse a 21 graos de temperatura.
E para mitigar a calor, en Sanxenxo presentaron este mediodía un novo sistema de alugueiro de parasoles e hamacas que se fará a través dunha apliación a través do móbil. Porque de seguro que estes días o mar e praia serán dos lugares máis visitados.