Turismo de proximidade: o peche perimetral leva moitos galegos a visitar a costa
Publicado o 20/03/2021 18:38

Galicia está pechada perimetralmente. Non se pode acceder á nosa comunidade. Pero dentro dela, na maior parte de concellos, si que está permitida a mobilidade. E coincidindo co bo tempo, as zonas máis buscadas foron hoxe as de costa.
Ata o anoitecer e desde ben cedo. Foron moitos os que se achegaron este sábado a dar un paseo á beira do mar, ou a xantar a unha terraza. O sol animou a aproveitar o tempo ao aire libre.
Iso si, mantendo todas as precaucións: con máscara e distancia de seguridade