Tsipras pídelle ao presidente grego disolver o Parlamento e eleccións o 7 de xullo
Publicado o 10/06/2019 18:52

O primeiro ministro grego, Alexis Tsipras, solicitoulle este luns ao presidente de Grecia, Prokopis Pavlópulos, a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións anticipadas para o 7 de xullo.
Coa súa visita ao presidente, Tsipras formalizou unha decisión tomada tras a derrota electoral do seu partido, Syriza, nas eleccións europeas e locais do pasado 26 de maio, en que quedou nove puntos e medio por detrás da conservadora Nova Democracia.
Vistos os resultados das eleccións, abriuse un período electoral que durará mais de catro meses, algo que non é favorable para a economía grega e poría en perigo os sacrificios do pobo grego, dixo Tsipras ao ser recibido por Pavlópulos.